As depuradoras de Cambados, Ribadumia e Meaño entran no plan autonómico de control de verteduras industriais 

La Voz VILAGARCÍA

CAMBADOS

Depuradora de augas residuais de Tragove (Cambados)
Depuradora de augas residuais de Tragove (Cambados) MARTINA MISER

Augas de Galicia actualizará o censo de indutrias e fará inspeccións e auditorías

13 ene 2023 . Actualizado ás 20:22 h.

Augas de Galicia actualizará o censo de industrias obrigadas a contar con autorización de vertedura nas redes públicas de saneamento e realizará inspeccións e toma de mostras nas mesmas. Ademais, prevé a asistencia aos concellos e a Augas de Galicia, tanto loxística como tecnicamente, na realización dos traballos de campo encamiñados á detección e seguimento dos vertidos industriais detectados e das medidas adoptadas polos titulares para a emenda do foco e o cumprimento do regulamento.

Neste paquete de medidas entran tres estacións depuradoras da comarca situadas en Cambados, Ribadumia e Meaño.

A consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe por 1.809.173 euros o servizo de apoio técnico para o control de verteduras de usuarios non domésticos aos sistemas de saneamento, así como para a realización de auditorías nas redes de saneamento e nas estacións depuradoras de augas residuais.

Entre os factores que se avaliarán inclúese a análise da entrada de volumes elevados de infiltración de augas brancas e augas pluviais nas instalacións; as entradas de auga de mar na rede de saneamento; os vertidos industriais que incumpren o requirido pola lexislación vixente ou outras situacións anómalas que condicionan os caudais e cargas recibidos nas plantas de tratamento de augas residuais, segundo informan desde o departamento autonómico.