Os Servizos Sociais de Cambados organizan talleres para os usuarios

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

Prolongaranse ata decembro e inclúe diversas temáticas

22 sep 2020 . Actualizado ás 16:31 h.

Os Servizos Socias do Concello de Cambados van impartir unha serie de obradoiros monográficos co obxectivo de abordar temáticas concretas de xeito comunitario coas familias usuarias do servizo de apoio e educación familiar.

Falarase de alimentación saudable e hábitos saudables, ocio; xestión da economía doméstica; comunicación e resolución de conflitos; necesidades específicas de nenos e adolescentes, límites e normas; tipos de adiccións, consumo de substancias; educación afectivo sexual; autoestima e rematarase o 23 de decembro cun taller de como facer un menú de Nada, rico e económico. Ademais vaise realizar unha sesión a maiores que dependerá da petición dos destinatarios en función do seu interese, a través dos cuestionarios de avaliación.

Nestes talleres vanse traballar os contidos a través de dinámicas en grupo, «mantendo un feedback coas familias que permita compartir e debater as diferentes cuestión a tratar», segundo explican desde o goberno municipal.