Portos autoriza o traslado da antena de Vodafone á zona de Tragove

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

27 dic 2016 . Actualizado á 05:00 h.

A antena que a empresa Vodafone ten instalada na illa dAs Goritas desaparecerá en breve desta localización. Segundo explicou onte o portavoz municipal, Xurxo Charlín, Portos de Galicia concedeu autorización para trasladala ao porto de Tragove. «Entendemos como positiva esta autorización, xa que cremos que se trata da mellor zona de instalación posible desta antena portátil», explicou o edil.

O Concello de Cambados mantivo varias reunións coa compaña de telecomunicacións para buscar unha solución de consenso á localización desta infraestrutura. Nun primeiro momento, Portos negábase a autorizar o traslado a Tragove escudándose na delimitación de espazos portuarios que afecta a esa zona. «Algo que non se entende xa que trátase do mesmo uso de actividades complementarias que ten en a illa das Goritas», engade Charlín. A nova autorización corresponde a unha parcela de 68 metros cadrados, dos cales 43 serán para a instalación da antena e outros 25 para a canalización eléctrica, xa que o sistema deixará de funcionar cun transformador.