A representación terá lugar no auditorio este sábado, con entrada gratuita
08 sep 2026 . Actualizado á 05:00 h.O auditorio municipal da Illa de Arousa acollerá este sábado a obra de teatro «Aquí as fabas, a caldeiradas», da compañía Abázcaro Teatro. Será ás 20.30 horas con entrada de balde.
A obra, que leva xa un ano en cartel e chega á localidade na súa decimo terceira representación, presenta unha divertida historia familiar protagonizada por Mariña, unha moza que está moi nerviosa ante a chegada á súa casa do seu mozo e da familia del, con intención de formalizar a relación. O problema é que teme que o comportamento da súa familia poida dar unha mala imaxe. A proposta dura uns 65 minutos e aposta polo humor para namorar ao público. Está dirixida a maiores de 16 anos.