
As entradas para o acto, o domingo 28 de setembro no auditorio municipal do Grove, xa están á venda en diferentes locais comerciais da localidade
19 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.O pequeno Xandre, un grovense de 3 anos afectado pola doenza rara Síndrome de Alexander, será o último domingo deste mes, día 28, o protagonista dun concerto solidario no auditorio municipal do Grove ás sete da tarde. A gala, organizada por Os Firrás, e na que tamén participarán as bandas locais A Movida, Cinco en Zocas, A Banda do Sequío, Arroba de Viño, Marcelino Pan y Vino, Ivory e o cantante Joselito, ten como obxectivo recadar fondos para a Asociación Española de Enfermos de Alexander, destinados á investigación desta enfermidade rara para a que ate o momento non existe cura, e poder axudar tamén o pequeno Xandre.
As entradas, a 6 euros, deben retirarse nos establecementos Mato Peluquero, Grovemakers, Zapatería Bambi, Balumada e O Telar, ou no propio auditorio o día do evento de quedar inda butacas libres para entón.