O BNG lamenta que Cacabelos non priorice en Hortos a seguridade dos residentes
AROUSA

Desminten que a desviación do tráfico supoña unha demora significativa, como defende o rexedor da localidade
13 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.O BNG do Grove solidarizouse onte cos veciños de Hortos, tralo cambio na sinal da rúa que permite agora circular aos buses escolares, que xa transitaban pola zona. Os nacionalistas consideran unha «burla» está modificación porque os veciños «sofren violencia viaria continua cos vehículos pesados», advirte o seu voceiro, Anselmo Noia, dando a razón aos cidadáns, sinalando que as características da rúa fan que sexa un perigo circular.
Dende o Bloque apuntan que a solución é derivar ese tráfico por Estrada do Conde, Virxe das Mareas e Porto Meloxo, e subliñan que é falso que esa volta supoña 15 ou 20 minutos de demora. «Apenas supón 5 minutos, dicir iso é cair no populismo», subliñan. Ademais sinalan que Cacabelos incumpre con esta permisividade a promesa feita cando Alexandre Bóveda pasou a ser dirección única.
Noia insiste en que os problemas de circulación e seguranza viaria que existen na localidad derivan da falta de planificación, e lembra que todos os últimos cambios viarios carecen dun Plan de Tráfico, o que ven a provocar que os vehículos circulen por itinerarios secundarios non axeitados para ese volume de tráfico.