
Douscentos cidadáns concentráronse en Vilagarcía reclamando unha aposta polo rural para evitar os lumes
21 ago 2025 . Actualizado á 21:40 h.Convocados pola plataforma Por un monte galego con futuro, arredor de douscentos cidadáns se concentraron na tarde deste xoves na Praza de Ravella de Vilagarcía para protestar contra a política forestal da Xunta de Galicia en medio da peor vagada de lumes que se recorda. Superada a semana como unidade de medida do tempo que leva ardendo media provincia de Ourense e outros puntos da xeografía do país, os manifestantes corearon consignas coas que lle reclaman ao executivo que preside Alfonso Rueda unha política que combata o lume desde a prevención, sobre a base do mantemento da actividade rural que conserva limpos e ordenados os montes.