O Arousa pelexará na casa polo título autonómico da Copa Federación

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Mónica Irago

Os de Gonza xogarán a tarde do domingo na Lomba fronte ao Ourense CF

21 ago 2025 . Actualizado á 13:32 h.

O Arousa gañou na noite do mércores o dereito para opositar ao primeiro título en xogo da tempada: a fase autonómica da Copa Federación. Tras derrotar 2-1 ao CD Boiro, este domingo xogará a final contra todo un Ourense CF, vencedor dunha semifinal entre equipos de Primeira RFEF cun 2-0 en Oira ao Arenteiro. Ao termo de ambos os partidos só quedaba concretar escenario e hora.

A última hora da mañá o club vilagarcián confirmou nas súas redes sociais que o encontro por decidir ao mellor equipo galego da Copa Federación 2025/26 disputarase no estadio da Lomba, a partir das 19 horas. Os socios do Arousa poderán presenciar o encontro gratis. A entrada de acceso ao campo para o resto dos afeccionados custará 10 euros.