Despois de vinte anos, David Bustamante volve presentarse no escenario de San Roque

G. B. BANDÍN / R. E. VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

cedida

O artista cántabro presentaráse hoxe no escenario da Xunqueira ás 22.30 horas

20 ago 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O escenario da Xunqueira prepárase hoxe para recibir a David Bustamante. Pasaron vinte anos dende a primeira vez que o público vilagarcián tivera a oportunidade de escoitar a entón última promesa da música española. Corría o ano 2005 e logo de estrear un repertorio novo, a xira desembarcaba en Vilagarcía cun disco que se converteu en número un. A aposta da programación foi sólida e cumprindo coas expectativas, o cántabro fixo vibrar as gargantas dos cinco mil entusiastas. Dende ese entón, o cantante tivo algunhas paradas en terras galegas pero nunca coincidindo coa festa de San Roque.

Agora, xa artista máis que consagrado, chega cun espectáculo que segundo o seus fans é o mellor da súa carreira. Inmerso no ámbito da composición, no seu último traballo Inédito presenta unha faceta de compositor que xa prometía. O compromiso coa lírica fai que sexa un dos seus albumes máis persoais, convertendo a estrutura narrativa e musical nunha viaxe de descubrimento. Marcando un ton introspectivo, as cancións logran conectar co público que xa desexaba escoitar as historias que conta do seu puño e letra. A evolución ten o seu punto clave con Calma unha balada que representa o seu camiño musical. Acompañado cunha guitarra ispe a súa alma e os seus máis profundos sentimentos; e rememorando experiencias pasadas reflexa a busca da paz interior, deixando atrás eses pesos que cada un adoita levar consigo.

Este concerto é parte do tour que leva a súa música aos fans de todos os recunchos de España. O cantante cántabro atopou a oportunidade perfecta para achegarse a espazos que habitualmente non teñen a posibilidade de gozar do seu show. Julia Medina, outra artista recoñecida polo seu paso polo programa Operación Triunfo e Tu cara me suena, complementa a súa voz cos coros e harmonías deseñadas elegantemente. Aínda que non é o primeiro concerto desta era, Bustamante sempre deixa sorpresas para que cada noite sexa inesquecible.

Certamente o cántabro agasallará cun momento íntimo a todos os asistentes. É un día para bailar da man do artista. David, inédito e cos sentimentos ao flor de pel, cun traballo honesto presentarase hoxe no escenario da Xunqueira ás 22.30 horas.