San Bieito de verán, o polbiño molla o pan

La Voz

AROUSA

Cambados segue a celebrar as súas tradicionais festas estivais

12 jul 2025 . Actualizado á 10:12 h.

Ten sona San Bieito de ser ben milagreiro, e o certo é que, na súa faciana estival, o santo conta no Salnés e no seu entorno con prazas que o celebran como é debido. Comendo o polbo como manda a tradición, en Lantaño, por exemplo, preparando os apetitosos callos de xullo, en Meis, e sobre todo en Cambados, onde non faltaron onte nin a procesión, nin a secuencia de misas, os lumes, as poxas e a festa rachada.