
A bordo ían catro persoas, que non resultaron feridas graves
29 jun 2025 . Actualizado á 17:32 h.Unha embarcación de recreo chocou este sábado contra unha batea no norte da Illa de Arousa. O accidente produciuse na zona do faro de Punta Cabalo pouco despois das 22.00 horas. A bordo ían catro persoas, dúas delas menores, dos cales unha sufriu unha fenda na cabeza como consecuencia do golpe. As outras tres non sufriron feridas de gravidade.
O sinistro obrigou a mobilizar aos servizos de rescate como a Salvamar Sargadelos e o helicóptero Pesca 1. O equipo de emerxencias levou aos tripulantes a terra e remolcou a embarcación, que si resultou danada. Na proa había un buraco de importantes dimensións, pero sen vía de auga.