Exposición no CIMA de Vilanova

La Voz VILANOVA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

«50 anos na beira do mar» recolle unha selección de traballos realizados polo persoal do centro

14 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

No marco dos diferentes actos programados para a celebración dos cincuenta anos de actividade científica do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), organismo público de investigación da Consellería do Mar, inaugurouse a exposición de cartaces científicos baixo o título «50 anos na beira do mar» que, de xeito gráfico, recolle unha selección de traballos realizados polo persoal do centro.