
Agárdanse uns 600 deportistas, co club anfitrión, o C.R. Vilaxoán, presentando cinco tripulacións
11 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Arredor de 600 deportistas das doce categorías federadas se congregarán esta fin de semana no porto de Vilaxoán para disputar o Campionato Territorial Sur de Bateis na procura dos pasaportes para o Campionato Galego en sete días. Entre eles, cinco do club anfitrión, o C.R. Vilaxoán, que sairá á auga con cadansúa tripulacións alevín, infantil, cadete e absoluta masculinas e absoluta feminina, confiando en colocar a catro delas nas finais do domingo.
Así o comentou onte o presidente do club, Gelo Tarrío, durante a presentación do Territorial Sur na Autoridade Portuaria de Vilagarcía. A directora desta última, Begoña Mesejo, salientou a longa relación da entidade co Club de Remo Vilaxoán, inscrita na política de responsabilidade social corporativa da Autoridade Portuaria. Tamén o potencial de dinamización dun evento destas características pola gran cantidade de persoas que mobiliza, dato co que concordou o concelleiro de Deportes da capital arousá, Carlos Coira.
As regatas eliminatorias disputaránse mañá desde as 10.30 e as finais o domingo a partir das 11. Os asistentes aproveitaron a presentación para informar de que a Bandeira de Bateis Porto de Vilagarcía, adiada hai unhas semanas por un temporal, celebraráse o 21 de xuño.