Fexdega acolle esta fin de semana o Memorial Miguel Ángel González Estévez
AROUSA

A organización calcula que se moverán arredor de 400 deportistas e uns 600 familiares e afeccionados
09 abr 2025 . Actualizado a las 19:35 h.O recinto de Fexdega acolle esta fin de semana a XIX edición do Memorial Miguel Ángel González Estévez. Un campionato no que participan 24 equipos de toda Galicia e Portugal. O club organizador, o CLB, presenta cinco conxuntos, tres femininos e dous masculinos. A entrada é de balde.
«Semana Santa é sinónimo de deporte en Vilagarcía. Non creo que haxa concello con tanta actividade como a que terá a nosa cidade estes días», apuntou o alcalde, Alberto Varela, durante a presentación. Dende a organización contabilizan que haberá uns 400 deportistas e uns 600 ou máis familiares e afeccionados.
En canto ao funcionamento do torneo, faranse 72 partidos repartidos en catro pistas durante toda a fin de semana. O venres pola tarde haberá unha proba clasificatoria e en función dos resultados xogarase o resto de días por categorías. «O nivel é alto, contamos con equipos referentes da selección que repiten presencia», apuntou Ricardo López, coordinador do torneo.