Cambios no tráfico polo asfaltado en San Roque

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

A recomendación para os que vaian circular por Juan Carlos I é que se desvñíen por Marxión

21 feb 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A de hoxe será unha xornada complicada para o tráfico en Vilagarcía porque haberá cortes e desvíos na contorna da gasolineira de San Roque debido aos traballos de arranxo do firme. «A execución da obra obrigará a pechar ao tráfico rodado as rúas San Roque e Santa Eulalia e a cambiar o sentido en Arcebispo Xelmírez. Prevese que os traballos se completen na mesma xornada, co que a circulación volvería á normalidade o xoves», explica o Concello.

O tramo de saída cara ao IES Castro Alobre queda inhabilitado, do mesmo xeito que a entrada á rúa Santa Eulalia, que permanecerá pechada no seu primeiro tramo ata a confluencia con Arcebispo Xelmírez. «Por outro lado, a rúa San Roque córtase á altura do supermercado Froiz, polo que os vehículos procedentes da zona da Independencia e de Gumersindo Nartallo terán que xirar por Arcebispo Xelmírez —cuxo primeiro tramo cambia de sentido— para desviarse cara Rodrigo de Mendoza a través da travesía Arcebispo Xelmírez», explica o Concello, que invita a utilizar a rúa Marxión para evitar atascos.