Vilagarcía organiza unha charla sobre o colector marrón

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O auditorio será esta tarde o escenario da reunión informativa

20 dic 2023 . Actualizado á 20:39 h.

O auditorio de Vilagarcía acoge esta tarde, a partir das 19.30, unha reunión informativa sobre a implantación do colector marrón. Unha implantación que será inminente dun colector que está destinada a recoller a parte orgánica do lixo para a súa posterior xestión no proceso de compostaxe.

Serán técnicos de Sogama os responsables de impartir a actividade. Unha charla que se celebrará en todos os concellos da área de influencia da planta de Baión. Ravella, que colabora coa iniciativa, anima á cidadanía para acudir á cita, especialmente a quen resida na contorna urbana, que é onde se implantará o colector marrón.

O novo sistema

«Na charla informarase sobre as implicacións do novo sistema de recollida da materia orgánica do lixo en canto á selección dos residuos no fogar, especificando o que debe e non debe depositarse no colector marrón, e explicando o tratamento que recibirán estes residuos na planta de compostaxe xestionada por Sogama para transformalos nun abono natural que se utilizará posteriormente nos sectores da agricultura e da xardinería», explica o Concello.