Denuncia das «pexas» en Xiabre

La Voz

AROUSA

29 jul 2011 . Actualizado á 06:00 h.

Aproveitando a presenza de Joaquín González Troncoso, presidente da comisión de actividades rurais da Federación Hípica Galega, Xacobo Pérez e María Elena Agra quixeron denunciar onte publicamente unha práctica demencial: a trabazón das patas dos cabalos mostrencos que poboan montes como o Xiabre coas coñecidas como «pexas», pezas de madeira que, suxeitas nas patas dos animais, impídenlles moverse con liberdade. As sancións para os seus propietarios poden sumar 3.000 euros.