O Obradoiro tivo que gañar dúas veces

Nacho Parajuá O ESCÁNER

ANDAR MIUDIÑO

XOAN A. SOLER

11 feb 2026 . Actualizado á 00:58 h.

O Obra non entrou ben no choque, espeso en ataque e lento en defensa, chegando tarde ás axudas. O Menorca aproveitouno, cun gran McFadden e unha excelente dirección de Zurbriggen. Pero hoxe o equipo tiña un factor letal, Micah Speight, que completou un grande partido máis aló do seu extraordinario cartón desde 6,75, cun 7/10. Tamén se fixo notar, e moito, en defensa, coa axuda dun maiúsculo Sergi Quintela que estivo espectacular na tarefa. Por aí fraguou a vitoria en boa medida.

A pesar do 100-86, non foi un triunfo doado. Nin moito menos. E o Obra tivo que gañar o partido dúas veces. Despois de facer o máis difícil, remontar e coller unha zumenta renda de sete puntos no último cuarto, atascouse nos minutos finais e concedeu a prórroga ben forzada por un rival que, a pesar de ir case sempre por diante, atopou argumentos para sobreporse. No tempo engadido acabou desatándose o conxunto de Epi, de novo cun Micah Speight determinante. É unha vitoria dun gran valor, porque o equipo soubo sobreporse a un día de moita dificultade. E non é doado.