Faleceu en Viveiro José Aurelio Veiga Vázquez, coñecido ex promotor inmobiliario
VIVEIRO
Tiña 83 anos e será enterrado este venres en Covas
06 nov 2025 . Actualizado á 21:13 h.José Aurelio Veiga Vázquez, coñecido empresario de Viveiro, quen foi hai décadas un dos máis activos promotores inmobiliarios, faleceu este xoves. Tiña 83 anos de idade. A condución do cadáver e o funeral terán lugar este venres ás cinco e media da tarde, con saída do Tanatorio de Viveiro ata o cemiterio e a igrexa parroquial de San Xoán de Covas.
A capela ardente atópase instalada no Tanatorio Alianza de Viveiro. José Aurelio Veiga Vázquez era unha persoa moi coñecida na cidade do Landro e a súa contorna e apreciada do mesmo xeito que a súa familia. Tras deixar a súa actividade na construción seguiu coa actividade empresarial que xa tiña antes, a cargo dun taller de pneumáticos Michelín, na zona de Xunqueira. A familia agradece as mostras de pesar recibidas.