O estadio municipal Kiko Rey de Cantarrana, en Viveiro, acollerá o xoves 21 a Festa do Veraneante
VIVEIRO

Terá lugar a partir das 23.45 horas e contará coa actuación dOs Indecisos e DJ Juanjo
12 ago 2025 . Actualizado á 12:10 h.O estadio municipal Kiko Rey de Cantarrana acollerá o xoves da próxima semana, 21 de agosto, a Festa do Veraneante de Covas, que acadará a súa décimo novena edición. Dará comezo ás 23.45 horas e contará coa actuación dOs Indecisos. O grupo que lidera Manuel Páramo, fai unha versión temas do pop español dos anos oitenta. Esta cita, xa un clásico, reuniu o pasado verán a unhas 1.000 persoas. Este ano como novidade contará con música de DJ Juanjo. Colaboran Aquitania Vinoteca, Flanagan's, Estrella Galicia, Concello de Viveiro, Arehucas e Viveiro C.F. «Unha festa que xa se converteu nun imprescindible do verán e que reúne tanto a veraneantes como veciños de Viveiro de todas as idades», destacaron na presentación da festa Manuel Páramo e Abilio Golpe Galdo.