
Mondoñedo e Castropol tambien celebran a festival do Corpus
22 jun 2025 . Actualizado á 19:37 h.Rúas de Viveiro (na imaxe), de Mondoñedo e Castropol locen esta mañá como nunca, nun día caloroso e con predominio do sol, cubertas con alfombras de flores para celebrar o Corpus. En Viveiro, as flores cubriron o tramo de rúa por onde desde a igrexa de San Francisco sae a procesión, chegando á praza Maior, tamén adornada con alfombras, onde se realizou a bendición ao Santísimo e seguiu o percorrido ata San Francisco.

En Mondoñedo, a misa oficiada polo bispo Fernándo García Cadiñanos foi o preludio da procesión co Santísimo Sacramento e a Virxe dos Remedios por rúas alfombradas con flores.
E Castropol volveu lucir con todo o seu esplendor, nun evento declarado de interese turístico rexional e que tivo o seu prólogo o sábado cunha xornada repleta de actividades.