Unha vertedura de xurro dunha granxa de Muras chega a Viveiro polo Landro provocando mortaldade de troitas

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

Pepa Losada

A alcaldesa manifesta que de momento non afecta o consumo de auga na traída. Os pescadores claman: «Acabouse co coto de Landrove»

06 jun 2025 . Actualizado á 23:00 h.

Unha vertedura ao río Landro está a provocar preocupación e mortaldade de peixes, singularmente troitas, que desde Xerdiz sobre as cinco da tarde deste venres estaban a verse chegar á altura de Landrove. Ao mediodía xa foi detectada a incidencia por veciños no curso alto do Landro, á altura de Xerdiz. Co paso das horas a vertedura foi descendendo cara á desembocadura. O Seprona, a Policía Autonómica e a empresa que xestiona o servizo de abastecemento de auga foron postos sobre aviso e practicaron investigacións para dar coa orixe da vertedura, unha explotación de Muras, e controlar a súa evolución.

Desde a Consellería de Medio Ambiente da Xunta informaron de que foron desprazados ao lugar axentes ambientais e do plan de control de verteduras de Augas de Galicia, para recoller mostras, levantar actas e estar pendentes da evolución da vertedura. Ademais, Sanidade tamén enviou a técnicos á zona de captación de auga potable, informou a Xunta.

Pouco despois transcendía que a vertedura foi de xurro, procedente dunha granxa de Muras, que polo Landro chegou a Viveiro pero non afectou á auga que se fornece a través da rede xeral porque no momento da vertedura os depósitos estaban fartos e a depuradora paralizada.

Pepa Losada

«Dende ou Concello faise un chamamento á cidadanía para facer un uso responsable dá auga durante as próximas horas, evitando consumos innecesarios e favorecendo ou aforro nos fogares. Esta medida preventiva axudará a garantir a estabilidade do servizo mentres mantense ou seguimento continuo dá situación», apuntaron a última hora da tarde deste venres nun comunicado no que dicían está «garatida» a calidade da auga.

 

Pepa Losada

A sorpresa, pasmo e malestar de pescadores é notable: «Nunca vin o río así na miña vida», manifestaba un deles en Landrove: «Acabamos de ver troitas mortas, e seguen chegando. Acabouse co coto».