Un coche encáixase contra o enreixado dunha casa do centro de Ribadeo tras quedarse sen freos
RIBADEO / LA VOZ
RIBADEO

O suceso ocorreu ao redor das cinco da mañá do sábado ao domingo e a condutora saíu ilesa
21 sep 2025 . Actualizado á 09:33 h.A Policía Local de Ribadeo instrúe dilixencias sobre un accidente de tráfico ocorrido na madrugada do sábado ao domingo no centro urbano. Ao redor das cinco da mañá, un turismo encaixouse contra o enreixado dunha casa emprazada na rúa Buenos Aires tras quedarse sen freos. O sinistro provocou cuantiosos danos materiais, tanto no vehículo afectado como no inmoble, pero saldouse sen feridos, posto que a condutora resultou ilesa.