Retiradas xa miles de entradas para visitar As Catedrais a primeira semana de xullo
RIBADEO

A Xunta ten activa a web para retirar os pases gratuítos que se precisan para poder acceder ao areal no verán
15 jun 2025 . Actualizado á 11:07 h.O día 1 de xullo porase en marcha o plan de conservación dAs Catedrais polo cal ata finais de setembro haberá unha cota máxima de 4.812 persoas que poderán visitar cada día a praia dAs Catedrais, en Ribadeo, para evitar aglomeracións. Para acceder ao areal será preciso retirar un pase gratuíto na web que xa ten habilitada a Xunta de Galicia e, segundo a cal, a estas alturas xa se retiraron miles de pases para a primeira semana de xullo.
De forma automática, das 4.812 entradas diarias a Xunta retira da orde dunhas 700 que teoricamente corresponden aos pases que poderían repartir os hoteis de Ribadeo e Barreiros, taxis e o bus que conecta o centro urbano ribadense coAs Catedrais, cuxos usuarios adquiren o dereito de entrada. Pero con independencia diso, o certo é que a estas alturas é ritmo de solicitude de pases é elevado, con 2.300 retirados para o 1 de xullo; 2.400 para o día 2, e cifras similares para a primeira semana do mes e ata o 14 de xullo, que é agora o último día hábil.