
O acto, organizado pola agrupación cultural Francisco Lanza, terá lugar este xoves 29 de maio
27 may 2025 . Actualizado á 13:25 h.Ás 20.30 horas deste xoves, 29 de maio, a Biblioteca municipal El Viejo Pancho de Ribadeo acollerá o acto de presentación da novela «Cartas na escuridade», que levou o Premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno.
A agrupación cultural Francisco Lanza organiza este acto, aberto a todo o público, no que tomarán a palabra o autor do libro, Lois Pérez, e Teresa González Piñeiroa, profesora de Lingua e Literatura Galegas no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.