O mar volve facer o seu milagre anual na praia das Catedrais

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

PEPA LOSADA

A praia, que hai uns meses parecía un pedregal, volve lucir a súa mellor imaxe cuberta de novo de area

18 jun 2018 . Actualizado ás 19:04 h.

Pouco máis de catro meses separan dúas imaxes na praia das Catedrais. A finais de xaneiro o mar retirara enormes cantidades de area por toda a costa, como se evidenciaba en As Catedrais, co relanzo final do acceso colgando do aire. As pedras e cantos asomaban por todos lados. Houbo quen, incluso algún partido político, reclamou que se habilitase un acceso en condicións, unha pasarela ou algo similar. Hoxe en día, a imaxe que presenta o areal é moi diferente, practicamente rexenerada, unha vez máis, por outro milagre máis realizado polo mar, que reclama o seu sitio e volveu a meter por toda a costa millóns de toneladas de area.

PEPA LOSADA

Pepa Losada