00031713380030617647846
00031713380030617647846

Sorprendido conducindo na autovía A-8, en Mondoñedo, sen ter obtido nunca o carné

La Voz

MONDOÑEDO

A-8
A-8 PEPA LOSADA

O condutor xa fora condenado noutra ocasión

18 abr 2024 . Actualizado ás 09:41 h.

A Fiscalía pide unha pena de 22 meses de multa, con cota diaria de doce euros, para un home acusado de conducir sen carné na A-8 despois de ter sido condenado por condución sen permiso.

Segundo o Ministerio Fiscal, o condutor foi interceptado o 22 de abril do 2022, ás 13.30 horas, no punto quilométrico 542 da autovía (Mondoñedo).

No 2018, fora condenado en sentenza firme por un delito de condución sen permiso. De feito, carecía de licenza por non obtela nunca. O xuízo será este xoves (11.30 horas), no Penal 1 de Lugo.