O antigo alumnado do Seminario de Mondoñedo non falla á súa cita: reúnese desde hai 24 anos

La Voz

MONDOÑEDO

Antiguo alumnado del Seminario de Mondoñedo
Antigo alumnado do Seminario de Mondoñedo CEDIDA

Os asistentes compartiron unha comida e visitaron as instalacións do centro

09 abr 2024 . Actualizado á 16:59 h.

Alumnado de distintas promocións do Real Seminario Conciliar Catalina de Mondoñedo reuniuse de novo, nunha tradición que se cumpre desde hai 24 anos, para compartir vivencias sobre aquela etapa.

Os asistentes acudiron a unha comida de confraternización nas propias instalacións do centro, degustando un cocido. Tamén puideron realizar unha visita ás instalacións nas que se formaron hai varias décadas.

O encontro conta cada vez con máis participantes e a intención é que se sumen outras persoas ás que a pesar de os esforzos non puideron contactar. A intención dos organizadores é que a edición do 25 aniversario desta cita sexa especial.