Dentro do ciclo Mestre Mateo, a Casa da Cultura acollerá o venres 24 a proxección da longametraxe «+Cuñados»
21 oct 2025 . Actualizado á 09:55 h.«Un cadáver aparece xusto no medio da ponte internacional de Tui. Uns días antes… Chegou o Entroido e a familia Ribeiro prepárase para desfrutar das festas favoritas de calquera bo ourensán». É parte da sinopse da película que este venres, 24 de outubro, se proxectará na Casa da Cultura de Foz dentro do ciclo Mestre Mateo.
A proxección, con entrada libre e gratuita, está prevista para as 20.30 horas. Está indicada para maiores de 12 anos. A comedia conta cun reparto integrado por Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez, Eva Fernández, Iolanda Muiños, María Vázquez, Mela Casa, entre outros.