O mar, o campo e Manuel María inspiran os traballos do artista, segundo avanzan desde o Concello
22 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.«¡Sinxela terra de Foz, labrega e mariñeira...!». Os versos de Manuel María van da man dos dous deseños que o artista Xosé Blanco preparou para ilustrar o gran mural encargado polo Concello para decorar unha das fachadas máis vistosas do centro de Foz, a do edificio de Telefónica, na confluencia das rúas Salvador de Madariaga e Eduardo Pondal.
O alcalde, Francisco Cajoto, explicou que desde o Concello contactaron co artista para exporlle a idea e mostráronlle a fachada que servirá de lenzo. Xosé Blanco, indicou Cajoto, traballa na creación inspirada na tradición mariñeira e agrícola do municipio.
O rexedor confía en que o mural, a modo de mosaico e con azulexos, póidase realizar canto antes, e agradece a colaboración do artista.
Confirma que xa contan co permiso de Telefónica —que retirou a baixante da fachada— e tamén coa confirmación de Begasa de que vai retirar o cableado e dispolo soterrado. Queda pendente a retirada da armario de R do frontal.