Unha saída de vía en Cangas de madrugada sáldase sen feridos e cun coche sobre a varanda
FOZ

Axentes de Tráfico tiveron que regular a circulación á primeira hora desta mañá na N-642 ao seu paso polo municipio de Foz; a condutora foi localizada
04 jul 2025 . Actualizado á 17:14 h.Un vehículo quedou sobre unha varanda da estrada N-642 no termo municipal de Foz tras saírse da vía esta pasada madrugada. Non transcenderon as razóns que provocaron o accidente que, segundo informaron desde Tráfico, saldouse sen feridos. A condutora foi localizada.
O sinistro tivo lugar no quilómetro 40 da estrada da costa, onde axentes de Tráfico tiveron esta mañá que regular a circulación durante varias horas á espera da chegada dun guindastre para retirar o vehículo accidentado. Aínda que non obstaculizada a calzada, si ocupaba unha parte da beiravía, polo que foi necesario regular na zona o tráfico, especialmente intenso á primeira hora da mañá.
Segundo varias fontes, a saída de vía do turismo rexistrouse a escasos metros da rotonda que se construíu recentemente en Cangas.