Celta B e Racing de Ferrol poden asegurar a permanencia do Foz este domingo

i.d.r. FOZ / LA VOZ

FOZ

PEPA LOSADA

28 may 2019 . Actualizado á 05:00 h.

A permanencia do Foz tamén está atada á fortuna dos representantes galegos que intentan coarse en Segunda División B. A derrota por 3-1 no campo do Noia condenou ao equipo de Gayol á décimo quinta praza, que lle arrastraría a Primeira Galicia porque agora mesmo baixarían sete equipos. O éxito do Celta B e o Racing de Ferrol esta fin de semana arranxaría a situación para os intereses mariñáns.

O filial olívico gañou 1-0 ao Alcoyano en Barreiro e viaxará a terras valencianas con vantaxe na promoción de permanencia. Na mesma situación esta o conxunto ferrolán, que se medirá ao Real Xaén tras batelo na ida (1-0) e coa posibilidade de celebrar xa o ascenso. De non darse estes supostos, os branquivermellos aínda poderán aferrarse ao avance do resto de representantes irmandiños na fase de ascenso. Necesitan que dous deles triunfen.