O Concello de Cervo confirma a aprobación formal da elaboración da relación de postos de traballo
CERVO / LA VOZ
CERVO

A alcaldesa anunciou novas reunións para informar o comité de empresa dos avances no expediente
04 oct 2025 . Actualizado á 11:38 h.A alcaldesa de Cervo , Dolores García, confirmou aos representantes dos traballadores municipais na última mesa de negociación a aprobación formal da elaboración da relación de postos de traballo (RPT) e anunciou novas reunións para seguir informando o comité de empresa dos avances no expediente.
Desde o Concello afirman «seguir dando pasos adiante» á vez que recoñecen que é «un trámite complexo que require tempo e un exhaustivo análise técnico». Sosteñen que se desenvolve conforme a folla de ruta marcada.
«Amosa con claridade que este equipo de goberno ten un compromiso firme coa mellora das condicións dos traballadores», indicou a rexedora, que apelou á responsabilidade e colaboración.