Mocidade prepara da man de Grande Amore un himno para Burela

La Voz

BURELA

Obradoiro musical en Burela con Grande Amore
Obradoiro musical en Burela con Grande Amore CONCELLO DE BURELA

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Xuventude e Educación, Mario Pillado, agradeceu a Nuno Pico «a súa disposición para impartir este obradoiro»

04 ene 2026 . Actualizado a las 11:41 h.

O alumnado de produción musical impulsado polo Concello de Burela e impartido polo músico mariñao Nuno Pico, alma máter do proxecto Grande Amore, está a preparar un novo himno da vila.

A última sesión da actividade, o 30 de decembro, estivo centrada na creación da nova canción. Impulsa a actividade a Consellería de Xuventude do Concello de Burela, e desenvolveuse periodicamente na Casa da Xuventude do municipio. O tenente de alcaldesa e concelleiro de Xuventude e Educación, Mario Pillado, quixo agradecer a Pico «a súa disposición para impartir este obradoiro, que permite que a xente nova de Burela aprenda produción musical da man dun artista que percorre todos os festivais de Galicia e mesmo fóra das nosas fronteiras».

«Estamos convencidos de que a nova canción que teñen entre mans será un excelente himno para Burela e dará unha marabillosa experiencia á rapazada participante na actividade», agrega Pillado.