Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.
La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

Unha muller que encerrou e deixou morrer de fame a un can non poderá ter animais durante dous anos

La Voz

BURELA

Edificio de los juzgados de Lugo
Edificio dos xulgados de Lugo ALBERTO LÓPEZ

O outro procesado, pai da condenada, foi absolto tras asumir ela toda a culpa e chegar Fiscalía e defensas a un acordo de conformidade

10 dic 2025 . Actualizado á 22:07 h.

A muller acusada de deixar morrer de fame e sede a un can ao que encerrou nun rocho de Burela admitiu os feitos e, de conformidade coa Fiscalía, aceptou seis meses de cárcere. A pena privativa de liberdade queda en todo caso suspendida mentres non volva delinquir. Ademais, inhabilitaralla para a tenencia de animais durante un período de dous anos.

O outro procesado, pai da condenada, foi absolto ao asumir ela toda a culpa e establecerse no pacto entre as partes que el non tivo responsabilidade no delito de malos tratos animais.

A Fiscalía, que lles acusaba de crear unha «trampa mortal» para provocar o falecemento dunha  cadela de raza pitbull, pedía 18 meses de prisión para ambos, ademais de catro anos de inhabilitación para posuír animais. O xuízo, tramitado polo Xulgado 1 de Viveiro, estaba previsto para este martes na Sala do Penal 1 de Lugo.