Oke cre que o Burela deberá estar «aínda mellor que en Dubra» para vencer ao San Tirso

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

XAIME RAMALLAL

O conxunto mariñán volve á Marosa este domingo na terceira xornada de Preferente

20 sep 2025 . Actualizado á 22:03 h.

Tras sumar catro puntos nas dúas primeiras xornadas da súa reaparición en Preferente, José Manuel Arca, Oke, pide ao Burela un paso máis para seguir sorprendendo este domingo na visita do San Tirso á Marosa (17 horas, Tiivii.gal).

«Estamos contentos de como nos están saíndo as cousas e non temos máis obxectivo que seguir mostrándonos competitivos cada domingo. Imos enfrontarnos a un rival similar ao Dubra —ao que gañaron 1-2—, que quererá xogar en campo contrario, ser directo, forte no balón parado e con talento arriba. Creo que nos esixirá estar aínda mellor que en Dubra», detallou un adestrador que pide á seus personalidade para ter o balón, ser serios en defensa e xerar oportunidades.

Yago Ramos, por unha infección, e Adri Kun, cunha sobrecarga, son as únicas baixas mariñás.