O can levaba varios días só polo ingreso do seu dono
19 sep 2025 . Actualizado á 21:21 h.Bombeiros do parque de bombeiros de Barreiros foron mobilizados este venres pasadas as oito da tarde para abrir a porta dun piso en Burela onde un can levaba varios días só polo ingreso do seu dono.
A Garda Civil chamou aos bombeiros para poder abrir a porta do domicilio e que o can fose atendido.