Burela e Barreiros convocan para este venres concentracións en solidariedade co pobo palestino
BURELA

Atenden a petición da Fegamp e instan os veciños a mobilizarse «para denunciar con firmeza este xenocidio»
19 sep 2025 . Actualizado á 13:00 h.O Concello de Burela convocou para este venres 19 unha concentración en solidariedade co pobo palestino. A concentración será ás 12 horas ante a casa do concello. Tamén se procederá á lectura dun manifesto institucional. Igual medida anúnciase tamén desde o Concello de Barreiros, á mesma hora fronte ao consistorio.
«Queremos sumarnos ás voces que en todo o mundo reclaman paz, xustiza e respecto ao dereito internacional», explica a alcaldesa burelense, Carmela López, quen asegurou que «a lectura do manifesto supón unha maneira de denunciar con firmeza este xenocidio e reclamar un futuro de liberdade e dignidade para o pobo palestino (...) Burela non pode permanecer alleo a esta realidade; temos a responsabilidade ética de denunciar a violencia e esixir un futuro de liberdade e de convivencia en paz».
O texto que se lerá insta á comunidade internacional «a poñer fin á violencia e a garantir o cumprimento dos dereitos humanos, sumando así o apoio institucional de Burela ás mobilizacións que se están desenvolvendo a nivel global en defensa da poboación palestina».
O Concello informa que a iniciativa se enmarca na proposta da Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que promove actos similares en concellos e deputacións de toda Galicia. convivencia en paz”, concluíu a alcaldesa.