
No barco museo e a Praza do Concello actuarán bandas como Marlena, Siloé, Barry B ou Sanguijuelas do Guadiana
06 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.Sábado 6, sábado grande no Osa do Mar de Burela, onde a música será a protagonista ao longo de todo o día, desde as 12.30 horas ata avanzada a madrugada. Aos concertos de onte á noite seguiralle hoxe un completo programa musical.
Os seguidores do festival teñen unha cita con tres bandas na «Sesión Bearmú Paco&Lola»: Carabela (12.30 horas), Ledicia (13.20) e Ortiga (13.40).
O barco museo Reina do Carmen converterase nun escenario ideal para os concertos de Tomás Porteiro (17.30), Yoly Saa (18.15) e Sanguijuelas do Guadiana (19.00).
Pouco tempo para repor forzas antes de que soen as primeiras cancións de Marlena (21.00) no escenario Vibra Mahou, na Praza do Concello. Será unha noite para gozar da música en directo coas bandas Pipiolas, Siloé, Barry B, Puño Dragón e con Grande Osso clausurando a xornada.
O Osa do Mar continuará este domingo en horario de mañá.