Máis de 643.000 euros de fondos públicos para mellorar a pesca de Burela e Celeiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

BURELA

PEPA LOSADA

A UE achega o 75 % das subvencións para dúas organizacións de produtores

27 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Máis de 643.000 euros distribuíu a Consellería do Mar entre a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, que representa na súa maioría a barcos de Burela, e a Organización de Produtores Pesqueiros Porto de Celeiro. Á burelense inxéctanlle 325.000 e á celeirense 318.000. O 75 % achégaos a Unión Europea (UE), o 12,5 España e a Xunta outro 12,5 %.

Con directivos e xestores de ambas as organizacións reuniuse o delegado da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro. As subvencións dedícanse a mellorar a pesca mariñá, tanto na produción como na comercialización. Financian parte das actividades de dúas entidades que representan e defenden ao sector en España e a UE.