O equipo mariñán visita Vigo este domingo sen Tonini nin Arturo, mentres que entregou a baixa definitiva a Germán Pared
22 nov 2025 . Actualizado á 17:25 h.O Viveiro enfróntase a outro exercicio de supervivencia na visita a un Gran Peña en clara liña ascendente (Municipal de Barreiro, 12.30 horas). Sen os dianteiros Tonini e Arturo e coa baixa definitiva de Germán Pared, o cadro de Alberto López tratará de sobreporse a un rival que gañou catro dos seus cinco últimos partidos.
«Debemos manter a nosa liña, concedendo moi pouco», alertou o técnico dun conxunto con catro puntos de marxe sobre o descenso en Terceira Federación antes de medirse a un cadro vigués «con moito potencial ofensivo».
Gastón Cellerino ou Fran López brillan nun conxunto ao que dá equilibrio Antón de Vicente e que marcha sétimo con 17 puntos, a un da promoción e con cinco de renda respecto aos mariñáns.