Comeza hoxe a Ruleta de Outono no comercio do centro histórico de Viveiro con 3.300 premios e 3.000 euros en vales

La Voz

A MARIÑA

xaime ramallal

A ruleta está instalada desde este xoves no salón de usos múltiples do concello viveirense, hai que levar un tique de compra de máis de 10 euros

06 nov 2025 . Actualizado a las 17:51 h.

A Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña da Ruleta de Outono, ca que repartirá 3.000€ en vales de compra e 3.300 premios directos.

A ruleta instalarase na Sala Multiusos do Concello os xoves 6 (hoxe), 13 e 20 e os venres 7, 14 e 21 de novembro. Esta ruleta repartirá 3.000€ en vales de compra para gastar en calquera dos negocios asociados ó CCHV, e 3.300 premios directos entre os que haberá paraugas, tote bags, caixas de chocolates, cafés, cañas, postres, tapas e milleiros de descontos para tendas de roupa, complementos, deportes, nenos, xoguetes, xoierías, supermercados, librerías, fotografía, mobles e decoración, ópticas, masaxes, salóns de peiteado e centros de estética.

Unha morea de premios para premiar a fidelidade dos clientes do comercio local. O horario será de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. Os interesados poderán participar entregando tíckets de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 10€.