Traballadores de Serveo concentráronse con bombas e bengalas ante a fábrica de Alcoa en San Cibrao

La Voz

A MARIÑA

CEDIDA

Reclaman melloras no convenio colectivo desta empresa auxiliar

13 oct 2025 . Actualizado á 18:14 h.

Traballadores de Serveo, unha das empresas auxiliares de Alcoa San Cibrao, volveron concentrarse de novo onte luns á primeira hora da mañá ante a entrada da fábrica. Os traballadores de Serveo reclaman deste xeito melloras no convenio colectivo e a concentración ante o complexo industrial é unha medida de presión para que a dirección da auxiliar retome a negociación.

A concentración ante a entrada da fábrica de Alcoa tivo lugar entre as 6 e as 9 da mañá coincidindo coa entrada dos trabajadoes da fábrica. Os empregados desta empresa auxiliar, Serveo, concentrados queimaron bengalas e lanzaron bombas para chamar a atención nas súas demandas. Esta nova protesta provocou que a entrada dos traballadores á fábrica, á empresa matriz, atrasásese onte lixeiramente.