Impulsan unha recollida solidaria desde Burela para os afectados polas inundacións na illa de Sao Vicente
A MARIÑA

O colectivo Djunta Mo pide produtos de limpeza, artigos de hixiene persoal e alimentos non perecedoiros, que recollen na estación burelense
22 ago 2025 . Actualizado á 12:41 h.A diáspora caboverdiana en diferentes países do mundo está a levar a cabo campañas de solidariedade cos afectados polas graves inundacións que se rexistraron recentemente, debido á tormenta tropical Erin, no arquipélago. Tamén en Burela, que conta cunha importante comunidade, lanzouse un chamamento para realizar doazóns de material de diferente tipoloxía. Así, desde Djunta Mo anuncian a iniciativa «Unidos por Sao Vicente», que comezou este xoves. O lugar de recollida é a estación burelense, neste primeiro día ata as 19.00 e mañá, venres, de 9.00 a 19.00 horas.
Sinalan que están a recoller produtos de limpeza, artigos de hixiene persoal e alimentos non perecedoiros. Apuntan que «a roupa non é necesaria por agora» e agradecen de antemán «de corazón a toda a comunidade pola solidariedade e o cariño que están a demostrar. Cada pequena contribución conta».