Concertos dOs Elementos en San Martiño e San Salvador de Lourenzá

e. garcia FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

En ambos os casos as entradas están esgotadas desde hai tempo

15 ago 2025 . Actualizado á 20:56 h.

Cando se presentou o Festival Bal y Gay, o presidente da Fundación Bal y Gay, Enrique Rodríguez Baixeras, destacaba de entre todas as localizacións a acústica da basílica de San Martiño en Foz. Este punto será este sábado o lugar doutro dos concertos dun programa que é un verdadeiro luxo na Mariña, xunto co Mosteiro de San Salvador de Lourenzá. No primeiro estarán ás 12.30 e no segundo ás 21.00. Entradas esgotadas en ambos, con Alberto Miguélez Rouco na dirección. Na cita focense, ademais, acompañará a soprano Nuria Rial. A formación céntrase na interpretación de instrumentos da época do patrimonio musical español, especialmente do século XVIII. Contan con dous discos gravados.