Pedro Moirón foi décimo nos 1.500 obstáculos do Nacional cadete

La Voz

A MARIÑA

O corredor ribadense do Madeiras Barcia Lourenzá Cervo pecha o curso no top dez nacional sub-16

17 jul 2025 . Actualizado á 15:02 h.

Pedro Moirón Soto (Ribadeo, 2011) gozou do premio de competir no Nacional sub-16 e deu a talla na final directa dos 1.500 metros obstáculos, no Complexo Deportivo dAs Mestas, en Xixón. A bala do Madeiras Barcia Lourenzá Cervo foi décimo, cunha marca de 4.37.11.

Só outro cadete de primeiro (do 2011), coouse nunha carreira onde o 4.31.15 que logrou o ribadense hai apenas un mes en Oviedo coaríao no top cinco.

No Campionato de España celebrado no Principado de Asturias competiu outra mariñá e vella coñecida das escolas laurentinas, Lidia Balseiro Rodríguez (Burela, 2010), actualmente nas filas da Atlética Lucense. Rematou undécima na súa semifinal de 1.000 metros cun tempo de 3.12.31. 

Vallines, noveno con Galicia

Tras o seu bronce sub-23 unha semana antes, Fernando Vallines Fernández (Lourenzá, 2005) tamén volveu á acción no Nacional por autonomías celebrado en Ciudad Real. Achegou para a selección galega cunha notable novena posición no lanzamento de peso, onde acadou 14.44 metros.