Criss non poderá adestrar ao Ribadeo «por motivos persoais»

La Voz

A MARIÑA

RIBADEO FC

O cadro mariñán traballa na incorporación dun novo adestrador para o seu proxecto en Primeira Futgal

17 jul 2025 . Actualizado á 15:02 h.

Co seu proxecto tras o descenso a Primeira Futgal practicamente armado, o Ribadeo FC volve buscar adestrador. «Motivos persoais que fan que non poida desempeñar o traballo co compromiso e dedicación que lle gustaría» obrigan a Cristopher Díaz Linares, Criss, a renunciar ao posto para o que foi elixido tras rematar a última tempada como segundo de Luchi Salgueiro.

«Desexámoslle o mellor no futuro e agradecemos a sua entrega e profesionalidade durante todos estos anos», engadiu o club na mensaxe de despedida ao que tamén foi futbolista da entidade durante 12 tempadas entre o 2012 e o 2024.

Desde o club mariñán xa centran os seus esforzos na procura dun adestrador capaz de liderar a un persoal que partirá entre as favoritos aos postos de privilexio. Compartirá división con Xove Lago, Foz, Lourenzá e Iberia.