
Un ano máis Ribadeo énchese de guayaberas, de panamás, de música que soa a Cuba e ao Caribe, de lembranzas. Hoxe celebramos Ribadeo Indiano, unha festa feita de nostalxia e orgullo, de memoria e futuro, de raíces fondas e ecos de Ultramar.
Pero non estamos aquí só para cantar habaneras ou admirar vestidos brancos ao vento. Estamos para lembrar a quén fixo posible que Ribadeo -este entrañable, privilexiado e fermoso recuncho de Galicia- soñase ao grande. É unha honra inmensa para min estar aquí, hoxe, para dar voz a un legado que naceu do corazón, cruzou mares e ergueu espranzas: o legado dos Indianos, dos Filántropos de Ribadeo (a quénes, con acerto, o alcalde decidiu adicar esta edición).
Os filántropos de Ribadeo foron esas mulleres e eses homes que marcharon a América con callos nas máns e soños na maleta. Que cruzaron mares, enfrentaron saudades e traballaron arreo. Os menos atoparon fortuna. Algúns foron xa para sempre derrotados. E a maioría empatou, quedou a medio camiño. Pero, todos, cando retornaron, non o fixeron coa maleta baleira: trouxeron novas ideas, modernas e novedosas iniciativas, progreso, músicas distintas, xeitos diferentes de vivir e convivir. Cando chegaron a América, os que acadaron fortuna non miraron atrais con nostalxia senón cara adiante, cun compromiso solidario con Ribadeo. Tentaron axudar, facer algo por mellorar a vida dos seus e da súa vila.
A sua xenerosidade púxose ao servizo do pobo. E gracias a eles Ribadeo tivo 8 escolas (5 de filantropía particular e 3 de societaria), hospital-asilo, praza de abastos, entidades de ocio, cultura e lecer, cemiterios, etc.. Cando moitos pobos apenas tiñan o imprescidible, eles fixeron posible o impensable. Deron sen esperar nada a cambio. Porque sabían que as raíces que deixaron aquí, algún dia darían froito.
Por eso, hoxe, ao falar deles non falamos só pasado. Falamos tamén do presente que nos legaron e do futuro que temos o deber de continuar. Porque a filantropía non é cousa do século pasado: é unha actitude ante a vida. Poucas vilas hai en Galicia onde a súa pegada sexa tan palpable como en Ribadeo. A xenerosidade e solidaridade que supuxo non só foi cuestión de apariencia, de gañar un lugar na memoria local ou de misericordia e piedade. Foi algo máis que todo eso. Foron xentes que tiñan sentido da pertenza, que fixeron seu o dolor e as carencias doutros para axudarlles. E por eso, da larga nómina de grandeza humana que os filántropos tiveron hacia o seu pobo, pode decirse que, en Ribadeo, a filantropía non foi un acto de caridade senón un acto de amor hacia o seu pobo.
Nesa relación destacan Ramón González e a sua dona Corona González Santos, os filántropos aos que se adica esta edición de Ribadeo Indiano e dos que este sábado, ás 11 horas, neste mesmo Teatro, a profesora Celia Castro presentará un libro coa sua biografía. A súa obra -documentada, amena, rigurosa- exímeme de profundizar no seu legado. Baste decir que, en Porriño, de onde era ela, financiaron a construcción do Consistorio e apoiaron, cando máis o precisaba, ao noso gran arquitecto, Antonio Palacios. En Ribadeo, doaron a Praza de Abastos e a igrexa da Orde 3ª, financiaron este Teatro e apoiaron sociedades como La Concordia, o Ateneo ou a Biblioteca.
Outros filántropos, de non menor importancia, foron os irmáns Moreno Ulloa que fundaron un centro de 2a enseñanza e doaron o cemiterio da vila. O grande Pedro Murias que en 1922 legou 14 hectáreas de terreo en Vilaframil e levantou un centro pioneiro e modélico en Galicia, antes e agora: a Granxa Escola Pedro Murias.
Jesús Rodríguez Murias que construíu en Rinlo unha escola, un lavadoiro e varias fontes, e doou os rendimentos da casa onde vivía, na rúa San Roque, e miles de pesetas, para soster o Hospital e construir a traida de auga potable.
Antonio Otero Martínez que entregou para o Hospital Asilo 19.000 pesos, 1.580 accións e 1.400 certificados do Banco Español do Río da Plata e unha casa en Guaminí (BsAs).
Clemente Martínez Pasarón e Domingo García Villamil que recadaron, en 1898, en Bos Aires, 5.500 pesetas para o Hospital. Manuel Reinante Cancio, que cedeu ao Concello 8 has. de monte para que o importe da súa venta se destinase a obras de ben público. Ou, entre outros, Xusto Barreiro, donante do solar e do primeiro edificio do Pósito de Pescadores por él promovido.
A filantropía, pois, forma parte do ADN de Ribadeo. É o seu logotipo, a súa imaxe de marca, o seu carné de identidade. Remóntase ao inicio mesmo da emigración galega e chega a actualidade. Saben vostedes que a proba máis antiga que se conserva en Galicia da esistencia da emigración a América e das viaxes e fluxos comerciais e humanos entre Ribadeo, Galicia e Ultramar, son os frescos da capela de Nosa Señora das Virtudes de Arante.
En 1594, un día antes de embarcar para América, o capitán Domingo Carranza Aguiar visitou a capela para pedir amparo e protección á Virxe. E un ano despois, a nave que pilotaba sufriu un naufraxio frente ao Cabo San Antonio, frente a Pinar del Río (Cuba). O capitán encomendouse á Virxe das Virtudes e o barco, despois de percorrer 260 legoas -”maltreita a nao pero non os corazóns..”- arribou a Trujillo (México) coa tripulación sana e salva. O feito foi considerado milagroso e o capitán Carranza, cando volveu a Ribadeo, entregou no santuario de Arante a bandeira da nave, un traxe para a Virxe, unha lámpara de plata e aceite para iluminar o templo. E, pouco despois, o chantre da ermita, Gonzalo de Amoeiro, fixo pintar nas paredes os frescos, que hoxe se poden admirar, coas esceas do sinistro e do prodixioso rescate.
Esa foi a primeira gran doación. E, a partires dela, foron moitos os homes e as mulleres que practicaron a filantropía. Non quero deixar de lembrar ás mulleres que tantas veces dende o anonimato, e sin esperar recoñecemento algún, estiveron ao frente -diante, detrais ou ao lado- de tantas e tantas causas sociais.
Que foron exemplo de empatía, fortaleza e desinterés. Que fixeron da caridade un acto de dignidade. Os ribadenses saben que, sen elas, Ribadeo non sería tan fermoso, nin tan xusto, nin tan humano. Falo, entre tantas outras, de Carmen Barcia Trelles, que deu o solar e o diñeiro para o Colexio Sagrado Corazón; de Sor Pilar de León, profesora deste centro; de Ernestina Mansilla, que fundou un colexio para orfos e fixo doacións ao hospital; de Amadora Suárez Couto, intérprete e compositora, comprometida coa vida social e cultural; de dona Corona, filántropa, fotógrafa e filla adoptiva de Ribadeo.
Pero, ademáis, hai que decir que se algo singulariza a Ribadeo, é que os seus fillos que están fora son os seus primeiros embaixadores e os primeiros en apoiar, onte e hoxe, canta iniciativa sexa beneficiosa para a vila. Dende aquel Eusebio Espina, que enviou 200 pesos para o Asilo en 1903 dende Arxentina, ata Leopoldo Calvo Sotelo, decisivo no actual brilo e fulgor de Ribadeo. Dende o doutor Francisco Moreda Pérez que legou, fai tres anos, a súa herdanza de perto de 1 millón de € para o Hospital Asilo, ata Víctor Moro, que financia a actuación dos Van Van o domingo...
Todos os anteditos ensinaronnos duas cousas: a 1a, que o único éxito seguro nesta vida é ser boa persoa; e a 2a, que dar é o xeito máis fermoso de permanecer. Os verdadeiros filántropos non se miden polo que dan, senón polo que deixan encendido cando se van.
A finais do século XIX, Ribadeo -coma todo Galicia- vivía unha grave decadencia pola grande crise agraria finisecular e pola caída do comercio portuario, fundamental na vila dende a Idade Media. Pero iniciou entón un cambio de ciclo, un novo tempo, un grande Rexurdimento gracias ao impulso económico e social que trouxeron consigo a Sociedade Mineira de Vilaodrid e as fortunas e remesas dos emigrantes ribadenses esparcidos por América. Todo elo provocou un gran cambio social, económico e incluso urbanístico de Ribadeo que reforzou o seu carácter de cabeceira comarcal e se convirtiu nun gran centro administrativo e de servizos.
Hoxe, Ribadeo vive unha nova Idade de Ouro. E precisa desa mesma forza. Non hai que emigrar para ser filántropo. Só hai que mirar ao lado, axudar, ser constructivo, non esperar a que nos dian algo, loitar por elo, arrimar o lombo. Ser filántropo é tender a mán, ofrecer tempo, coñecemento ou afecto. É ser solidario, creer que un pequeno xesto pode mellorar a vida doutros. Ser filántropo, en definitiva, é compartir. É un xeito de andar e de olla-lo mundo. Non fan falla riquezas, só corazón.
Así que hoxe, neste Ribadeo Indiano, entre risas, cantos e pasos de baile, brindemos polos nosos filántropos. Pola súa memoria, pola sua obra, polo seu exemplo. Por esa luz que herdamos e que temos a obriga -e a sorte- de manter acesa. Por ensinarnos o significado das palabras Amor á Terra, Memoria, Compromiso. Por ensinarnos que non é máis rico o que máis ten, senón quen reparte o que lle sobra con alegría.
* Martín Fernández, periodista e historiador. Pregón íntegro da apertura do Ribadeo Indiano.