A Garda Civil recupera máis de 30.000 euros que estafaran a unha empresa lucense a través de internet

La Voz

A MARIÑA

ÓSCAR CELA

A rápida actuación dos axentes especializados frustrou ao final a operación

05 jul 2025 . Actualizado á 11:09 h.

A Garda Civil, tras unha longa investigación iniciada xa o pasado verán, logrou identificar a dous veciños de Cataluña como presuntos autores dun delito de estafa perpetrado a través de internet a unha empresa lucense.

Tras ter coñecemento, a través dos responsables da empresa, dunha potencial estafa de máis de 30.000 euros, a Garda Civil iniciou unha rápida investigación por parte do equipo de delitos telemáticos de Lugo coa finalidade de identificar aos presuntos autores e  recuperar o montante defraudado.

«No desenvolvemento da operación identificáronse distintas contas bancarias en entidades que operan neste país, unhas a nome dos estafadores e outras con identidades falsas, as cales utilizaban de xeito discrecional coas súas potenciais vítimas. O diñeiro defraudado foi recuperado tras arduas xestións realizadas nos últimos seis meses coas entidades bancarias, sendo o montante bloqueado e poñer# ao dispor xudicial. Neste tipo de ciberataques deseñados para obter acceso a información comercial critica ou extraer diñeiro a través dunha estafa por correo electrónico, é fundamental a rapidez en realizar as primeiras xestións e a urxencia de interpor unha denuncia o máis axiña posible», recomenda a Garda Civil.

«Doutra banda, recoméndase que ademais de intentar dispor de sistemas de protección informáticos adecuados (antivirus, firewall), realícense xestións en caso da máis mínima dúbida antes de proceder a realizar ningún pago. Unha simple chamada á empresa que reclama o pago para comprobar a veracidade da conta que figura na factura pode evitarnos máis dun desgusto», conclúen.