O desembarco de Carlos V e a súa comitiva no mar en Covas abriu a festa renacentista en Viveiro
A MARIÑA

Durante o sábado e o domingo hai actividades acotío na praza e no centro histórico e comidas populares
04 jul 2025 . Actualizado á 20:59 h.O desembarco de Carlos V e da súa comitiva onte a última hora da tarde na praia de Covas abriu o Mercado e a Festa Renacentista en Viveiro, que continuarán hoxe e mañá con senllas xornadas plenas de actividades no centro histórico.
Viveiro loce xa os seus mellores galas e a recreación de época por rúas e prazas no conxunto histórico e medieval que, como todos os anos, atraerá a moitos visitantes á cidade.
O desembarco onte de Carlos V recreouse logo na praia con recibimento á comitiva e música para logo ir en desfile ata a Praza Maior. Este recibimento dá paso á festa renacentista que celebra Viveiro a primeira fin de semana de xullo.
Este sábado o mercado renacentista abrirase ás 11 da mañá. Haberá unha infinidade de actividades de mañá e de tarde ata a noite en rúas e prazas. Música (12.30), contacontos (13.30), comidas populares no mercado e en todo o centro histórico. Pola tarde, ademais de música practicamente acotío, sobresae na Praza Maior un show de acrobacias aéreas e malabares (18.30) e un espectáculo de lume (22h). O mercado e a festa continuarán o domingo, xornada na que continuarán as actividades durante todo o día.